elbapedrosa.com
  • NOBOX
  • FORMACIÓN
  • TESTIMONIOS
  • BLOG DE RELATOS
  • CONTACTA
  • SOBRE MÍ
elbapedrosa.com
  • NOBOX
  • FORMACIÓN
  • TESTIMONIOS
  • BLOG DE RELATOS
  • CONTACTA
  • SOBRE MÍ
Oct 29
premio poesía aritmar

Gratitud e poesía compartida: o Premio aRi[t]mar Galiza e Portugal

Recibir o Premio de Poesía Galega de aRi[t]mar Galiza e Portugal na súa décima edición é unha alegría inmensa e, sobre todo, unha profunda emoción. Este recoñecemento chega envolto no espírito que máis valoro: o da unión entre linguas, pobos e sensibilidades, o dunha celebración da palabra que non entende de fronteiras.

Desde que souben de aRi[t]mar, admirei a súa capacidade para construír un espazo de encontro entre Galiza e Portugal a través da música e da poesía. Dez anos despois, este proxecto segue medrando, mantendo viva unha irmandade cultural que florece en cada nova edición grazas ao esforzo de moitas persoas.

Quero expresar o meu agradecemento máis sincero a Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago e alma desta iniciativa que comezou como un soño pedagóxico e hoxe se converteu nun faro de creación compartida. Grazas tamén a todo o equipo de aRi[t]mar, á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, ao Secretario Xeral da Lingua, Valentín García, e a Nordesía Producións, por crer na forza da palabra e da arte como ferramentas de conexión e entendemento.

Durante a presentación do evento, celebrada no Pazo de Raxoi, sentín o privilexio de formar parte dunha comunidade que cre na lingua como raíz e como camiño. A alcaldesa lembrou que “Santiago é un lugar especial na promoción da lingua e da cultura galega e portuguesa”, e esas palabras resoaron en min. Porque a lingua, ao fin e ao cabo, é a nosa casa compartida.

A gala deste ano reunirá, este Xoves 30 de outubro á partir das 20:30 no Auditorio de Galicia, a artistas e poetas de ambas as dúas beiras: Mondra, Diogo Piçarra, Cátia Cardoso e máis eu, acompañados polo Município de Braga como cidade convidada. Será unha noite de celebración, de música e versos que cruzan o Miño e se recoñecen nun mesmo latexar.

Cando dixen que a gala “pon o foco na diferenza e une os pobos”, pensaba en como a poesía pode tender pontes alí onde ás veces o ruído as destrúe. Porque a poesía non impón: propón, escoita, nomea e abraza.

A todas as persoas que len, votan e acompañan cada edición de aRi[t]mar, o meu agradecemento máis profundo por recoñecer o valor de «Onde imos agora». Este premio non me pertence só a min: pertence a quen cre que a palabra aínda pode unirnos.

Recíboo con humildade, con alegría e coa certeza de que seguir escribindo é seguir construíndo pontes.

  • Facebook
  • Twitter
  • Pinterest
  • Google+
  • LinkedIn
  • E-Mail

Leave a reply Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Categorías

  • MARKETING EXPERIENCE
  • NOBOX
  • PERSONAS Y EMPRESAS
  • RELATO
  • Sin categoría

Entradas recientes

  • Crónica dunha noite de poesía compartida
  • Gratitud e poesía compartida: o Premio aRi[t]mar Galiza e Portugal
  • O amor e o desamor no proceso de creación
  • aula práctica de escritura
  • Hoxe, as mulleres, aínda temos que calar ás veces

Comentarios recientes

  • elbapedrosa en LA RUTINA DE JULIO ROCHA DE LA CRUZ I relatos cortos
  • Anónimo en LA RUTINA DE JULIO ROCHA DE LA CRUZ I relatos cortos
  • Anónimo en LA RUTINA DE JULIO ROCHA DE LA CRUZ I relatos cortos
  • elbapedrosa en LA RUTINA DE JULIO ROCHA DE LA CRUZ I relatos cortos
  • Marta Mariño en LA RUTINA DE JULIO ROCHA DE LA CRUZ I relatos cortos

Archivos

Navega por la Web

  • NOBOX
  • FORMACIÓN
  • TESTIMONIOS
  • BLOG DE RELATOS
  • CONTACTA
  • SOBRE MÍ

Contacta conmigo

Últimos relatos

  • Crónica dunha noite de poesía compartida
  • Gratitud e poesía compartida: o Premio aRi[t]mar Galiza e Portugal
  • O amor e o desamor no proceso de creación
  • aula práctica de escritura
  • Hoxe, as mulleres, aínda temos que calar ás veces
Copyright Elbapedrosa.com